600 Euros
por unha vértebra rota?..
un Megane Sedán destrozado,
máis de 3 meses de baixa...

Parece-nos ben a iniciatica desta asociación de consumidores, que se esixan indemnizacións polos retrasos e molestias sufridas, pero está claro que os/as accidentados/as e lesionados non se poderán contentar con 600 Euros. As rodas Michelin novas do noso Megane xa case valeron esa cantidade. E moitos xa non nos contentamos con cartos, senón que queremos RESPONSABILIDADES polo acontecido e sobretodo que se MELLORE A SEGURIDADE NA AP-9. Porque só isto evitará mais accidentes similares.
Ausbanc esixirá responsabilidades a Audasa por neglixencia no colapso da AP-9
Ausbanc esixirá responsabilidades a Audasa por neglixencia no colapso da AP-9
"A Asociación de Usuarios de Servizos bancarios (Ausbanc) anunciou que esixirá responsabilidades á concesionaria de Audasa polos accidentes e colapso da AP-9 do pasado 2 de decembro no tramo de Santiago á Coruña.Ausbanc refírese nun comunicado á colisión en cadea que provocou que máis de 3.000 condutores vísense atrapados durante horas na autoestrada de peaxe, «que era unha auténtica pista de patinaxe».
A asociación resaltou que a concesionaria non informou aos usuarios sobre o que estaba ocorrendo, cobroulles a peaxe, incumpriu as súas obrigacións de mantemento e foi incapaz de coordinarse coas autoridades competentes. "
Noticia Completa na Voz de GaliciaNOTA IMPORTANTE SOBRE AUSBANC:
Esta asociación pretende que cada afectado lle pague 5 euros mensuais por participar na sua denuncia "colectiva". Deixamos aquí este link para INCAUTOS/AS : PROBA DA IMPARCIALIDADE E O ALTRUISMO DE AUSBANK
Respeitamos a quen queira aderir-se a causa aberta por esta "Asociación" pero cremos que AUSBANC está usando o tema para facer-se a si mesma publicidade e que lle preocupan pouco ou nada a Seguridade nas autoestradas galegas. Se es un afectado/a polo accidente do 2-12-08 cremos que deberias coller un avogado particular coma nós, alguén da tua confianza ou da tua mútua de seguros.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada