
Pasan os días desde aquel día 2 de decembro e Luisa vai-se recuperando, co corsé de escaiola. Ten ainda unha longa baixa laboral por diante, 3 meses para que se solde a sua vértebra e despois o proceso de rehabilitación. Temos esperanza de que todo saia ben.
Hoxe xa tiven oportunidade de falar co noso avogado, o que nos facilita Mapfre, que a cousa vai para largo...
O atestado da Garda Civil tardará meses en completar-se e ainda que temos a seguranza que o accidente foi consecuencia do nefasto estado da autoestrada á altura de Ordes, con varios km xeados completamente nos que era imposibel frear; dependemos (os afectados neste accidentes) do que acrediten os expertos da Garda Civil de Tráfico.

Ainda asi, digan unha cousa ou outra, nós estamos decididos a esixir responsabilidades penais polo que aconteceu na AP-9, unha via con peaxe e que debe contar cos suficientes mecanismos de seguridade para permitir que os seus usuarios viaxes nunhas condicións normais.
Unha autoestrada que articula toda a Galiza Occidental, pola que viaxan miles e miles de persoas diariamente cara ao seu traballo ten que ter medidas de seguridade que garantan uns mínimos.
Polo que se ve NINGUEN asume as suas Responsabilidades. UNS POLOS OUTROS e ninguén parece ter algo que ver co que na Autoestrada AP-9 acontece. Que se AUDASA non cumpre, que se Fomento non pinta nada e a Xunta, que fai a Xunta, a ve-las vir...
Agora alguns acordan-se de reclamar a titularidade pública do tinglado...pero a nós xa non nos importa se as autoestradas son públicas ou privadas. Queremos unhas vias de comunicación seguras, acordes cos prezos que pagamos. Nen mais nen menos. As infraestructuras como a AP-9 requiren investimentos millonarios. Os cidadáns reclamamos non morrer nas autoestradas porque uns polos outros NIGUEN BOTA SAL GORDO, NIN GUEN INFORMA, NIGUEN SE RESPONSABILIZA do que pasa na AP-9, do que aconteceu o 2-12-2008. Mentres nós, Miguel e Luisa, pasamos o Nadal entre médicos e avogados.
A cousa vai para longo, pero non imos parar. Quen nos causou dano terá que responder perante a xustiza. AUDASA, FOMENTO, XUNTA, uns polos outros e cada dia que xia poderia acontecer o mesmo.Se estiveche o 2-12-2008 no accidente de Ordes, km 42, pon-te en contacto conosco no e-mail: migueledreira@wanadoo.es

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada